O Ben Veñas Maio é un certame que se celebra cada ano para fomentar o uso da lingua galega entre a xuventude pontevedresa. Estes últimos anos realizamos o deseño dos carteis empregando cores vivas e vibrantes coa finalidade de chamar a atención da xuventude. O deseño céntrase na letra M de maio sobre o que destacan as categorías do certame como; videoclip, poesía, banda deseñada, música, teatro, fotografía, curtametraxe e narración curta.