Berlai
Desconhecido, a primeira obra e libro-disco de Berlai, é “a história de um homem desconhecido, de um homem solitario, que preferiu viver a sua vida como se fosse um sonho”. Esta é unha historia real dun amor prohibido, do tío-avó de Xiao Berlai «unha persoa importante para min, foi despois do seu falecemento en 2010 cando escribín o primeiro tema do Desconhecido. Pediumo o corpo. Fíxeno como un impulso necesario. Mais a canción quedou aí. Dous anos despois comecei a compoñer algúns temas máis cantados e a abordar a idea de facer algo dedicado a Alfonso. Entón falei con Ernesto.» E naceu un proxecto que une música, poesía, ilustración e cómic, financiado a través de crowdfunding, e que contou con nós para materializalo en forma de libro-disco. Berlai é o proxecto musical criado por Xiao Berlai e do que forman parte os músicos Iago Mouriño, Pablo Pérez, Bruno Couceiro e o debuxante Ernesto G. Torterolo; un proxecto moi vivo e que os convidamos a experimentar nos seus concertos nos que gozarás da súa música e ao mesmo tempo das marabillosas ilustracións en vivo proxectadas de Ernesto