Bus Urbano Pontevedra
O Concello de Pontevedra ven de renovar e deseñar as novas liñas do transporte urbano da cidade, dentro do programa municipal de mobilidade urbana. As liñas circulares que percorren a cidade necesitaban una nova imaxe, así como unha nova distribución de paradas e horarios. As necesidades do proxecto pasan por crear una imaxe que identificase este novo período, desvinculándoo da anterior etapa. A idea gráfica xurdiu de combinar as iniciais de bus e Pontevedra de maneira circular, ao igual que as liñas reais. Deseñamos os novos planos así como toda a gráfica necesaria para a correcta implantación: folletos informativos, planos para as marquesiñas, información de tarifas para paneis e os fitos das paradas para as liñas correspondentes. Baixo o slogan “Máis sostible, máis eficiente, máis rápido” e apoiado graficamente dentro da campaña de mobilidade urbana o transporte urbano de Pontevedra incrementouse nun 3,6 % nos cinco primeiros meses con respecto a anterior etapa.