O transporte a demanda

Coche de punto

O concello de Pontevedra pon en marcha un novo servicio de transporte a demanda chamado “Coche de Punto”. Trátase dun servicio público para a mellora da mobilidade onde se pretende achegar ó rural á cidade de Pontevedra. A elección do nome non foi tarefa sinxela, pero finalmente decidiuse utilizar “Coche de Punto”, un termo que xa se usaba antigamente para referirse os actuais taxis. Era un servicio paralelo ao coñecido como “coche de línea” e servía para desprazarse a un lugar concreto a recoller aos viaxeiros. A gran maioria destes usuarios son persoas de avanzada idade que viven no rural, polo que este termo se lles facía familiar.