Concello do Rosal
Montes, ríos e mar
A chegada da pandemia provocou que moitos sectores, incluídos as institucións, se visen na necesidade de modernizarse e mellorar a súa presenza online. Neste proceso de dixitalización ter unha imaxe moderna e actual é algo fundamental para poder aplicar a todos os ámbitos. O Concello do Rosal comezou este proceso convocando a 8 estudos galegos a unha chamada a proxecto, dos cales resultamos seleccionados para a proposta final. Realizamos unha renovación completa, tanto da marca corporativa como da marca característicos como o seu valor patrimonial, a natureza e a súa vinculación coa auga. O Rosal é ben coñecido por dispor do conxunto de muíños máis extenso e mellor conservado de Galicia o cal é un dos maiores reclamos turísticos do municipio, chegando as 60 unidades e coñecidos coma os muíños do Folón e do Picón. Para a identidade xogamos coa letra “O” para representar a moa dos muíños. Ademais engadímoslle ondas para simbolizar a vinculación do municipio coa auga, coa vida, representando deste xeito os ríos e o Atlántico. En canto a cor principal, decantámonos por unha cor ambigua entre azul e verde para simbolizar a fusión entre a auga e a natureza, entre o azul dos rios e o azul do océano. A idea de implicar os alumnos de 4º de Plástica da ESO do CPI Manuel Suárez Marquier a través da súa profesora Elena Gómez Dahlgren en formar parte deste proceso de renovación da imaxe do seu concello, foi unha das mellores experiencias de traballo en equipo vivido polo noso estudio. Visitamos o CPI e despois dunhas charlas explicando o que se estaba facendo dende o concello, e o que é unha identidade corporativa, o alumnado propuxo deseñar os novos pictogramas que posteriormente se aplicarán a sinalética do municipio.