Enrique Barreiro.
As orixes do cinema en cor

Enrique Barreiro. As orixes do cinema en cor é un proxecto editorial promovido polo Concello de Pontevedra que recupera a figura de Enrique Barreiro, pioneiro na investigación do cinema en cor en España. A publicación parte do texto orixinal de Carlos Aurelio López Piñeiro, revisado e adaptado para ofrecer unha visión clara e rigorosa da súa traxectoria como fotógrafo, cineasta e inventor, apoiándose en documentación histórica e material gráfico procedente de arquivos e filmotecas.

O deseño e a maquetación toman o cor como elemento conceptual central, en diálogo directo coas investigacións de Barreiro. O uso do vermello, verde e azul —cores primarias a partir das cales realizou os seus primeiros experimentos tricromáticos— estrutura a linguaxe visual da publicación, achegando significado e coherencia ao conxunto.