Festas de verán de Pontevedra 2025

Este verán tivemos o pracer de colaborar co Concello de Pontevedra no deseño do programa festivo. Creamos unha axenda completa que recollía todas as actividades do verán.Na proposta gráfica deixámonos levar polo espírito lúdico e soñador do verán. Apostamos por un estilo de collage no que combinamos imaxes e elementos que evocan esta estación máxica, chea de posibilidades e de momentos irrepetibles. O uso de cores vivas e alegres contribuíu a transmitir esa sensación de frescura, enerxía e celebración que tan ben define os días de verán.Quixemos tamén destacar un aspecto que consideramos clave: a percepción do tempo no verán. Un tempo que se dilata, que flúe a outro ritmo e onde cada día pode sorprender cun novo plan ou experiencia. Para reforzar esta idea, incluímos como detalle especial unhas páxinas finais con pasatempos, uns pequenos xogos que invita a parar, gozar e deixarse levar polo encanto das vacacións.