Festival de Jazz e Blues 2023
A 29ª edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra reafirmou a súa relevancia como un dos principais eventos musicais de Galicia. Coa súa consolidada traxectoria, o festival converteuse nun referente cultural que atrae a miles de persoas cada ano, dinamizando a cidade e ofrecendo unha experiencia única para os amantes da música.
Este ano, a identidade visual do festival inspírase na camelia, flor emblemática de Pontevedra, que adorna a praza onde se celebra o evento. A camelia simboliza a conexión entre o festival e o seu entorno, reflectindo como a música enche de vida e enerxía a cidade, do mesmo xeito que a flor, que florece no inverno e transforma o espazo público. Así, a camelia representa a fusión entre a cultura local, o arte e o lugar, creando unha atmosfera única para disfrutar do jazz e do blues.