Festival de Jazz e Blues 2024

Traballo premiado nos PREMIOS ANUARIA coa SELECCIÓN ANUARIA 2024. Mellor cartel.

Con tres décadas de historia, o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra consolidouse como unha cita imprescindible para os amantes deste xénero, un evento nacional de referencia no calendario musical. Para a imaxe desta edición, traballamos nun concepto que converte os instrumentos en experiencias intanxibles e etéreas, deixándoos disolverse e vibrar ao ritmo das notas que producen.

O deseño do cartel xoga con ilustracións que semellan cobrar vida, movéndose e vibrando, creando unha atmosfera sensorial que busca transmitir a enerxía e a emoción de cada interpretación musical. A través desta proposta visual, quixemos capturar o espírito do festival e a súa capacidade para facer que a música se sinta, se viva e permaneza na memoria.