Festival de Jazz e Blues 2025

Con máis de trinta anos de traxectoria, o Festival de Jazz e Blues de Pontevedra é xa unha cita emblemática e de referencia no panorama musical estatal, especialmente para os amantes destes xéneros.


Para a imaxe desta edición, partimos da idea de que a música nace das mans: son elas as que a crean, a interpretan e a espallan. Representámolo cun cartel feito a man sobre cartolina, onde unha man construída con notas musicais simboliza ese poder creativo. Un xesto artesanal e simbólico que reivindica a música como algo profundamente humano e vivo.