Mafari
Mafari nace a finais dos anos 60 en Pontevedra sendo unha empresa adicada o sector do xogo. Cos anos e un gran equipo humano creou un conglomerado de empresas que foi dando servizo o sector hostaleiro nos últimos 50 anos. MAFARI CAFÉ é unha empresa do sector da alimentación, venta e distribución de cafés así como de infusións e consumibles. Mafari Café nace no ano 1989 para dar cobertura a demanda do sector hostaleiro. O cliente tivo claro dende o primeiro momento a idea de conservar a mesma imaxe xa que estaba moi implantada con imaxinario colectivo do sector. Neste caso traballamos sobre os antigos logotipos e anagramas. Desenvolvemos un deseño limpando e actualizando as liñas do anagrama así como a tipografía. Dentro da imaxe fixemos as adaptacións de papelería, rotulacións e a creación da gráfica para diferentes modelos de packaging dos seus produtos: cafés, tés, azucre, etc.