Mares
Mares é un proxecto do Concello de Marín que ten como finalidade ordenar o espazo de aparcadoiro público gratuíto do municipio, a través de aparcadoiros disuasorios e dunha ordenanza de regulación do tempo de estacionamento en determinadas rúas comerciais. Para este proxecto ademais de deseñar a imaxe corporativa, realizamos un folleto coa información máis relevante, un plano onde se mostran todos os aparcadoiros disuasorios e un parking minuto. Tamén se realizaron adaptacións a pe de rúa como os mupis ou a sinalización das zonas 2H e os aparcamentos disuasorios. Por outra banda, en canto a campaña dixital realizáronse varias animacións para redes e unha páxina web onde podedes atopar toda a información sobre este proxecto. www.concellodemarin.es/proxectomares