Nadal 2024
Este Nadal 2024, tivemos o pracer de desenvolver a gráfica para a campaña de Nadal do Concello de Pontevedra un ano maís.
Partimos de tres elementos universais e icónicos destas datas: a árbore, a estrela e a bóla de Nadal. Tres formas sinxelas, xeométricas e recoñecibles que nos permitiron crear unha linguaxe visual potente e contemporánea. A través dunha composición equilibrada e coidada, combinamos estas figuras con degradados e cores vibrantes que evocan a calor e a maxia das luces de Nadal. O resultado é unha gráfica chea de luz, dinamismo e identidade propia, pensada para conectar coa cidadanía e encher as rúas de Pontevedra dun espírito festivo e moderno.
Un traballo onde o minimalismo convive coa emoción, e onde a sinxeleza das formas se transforma nunha narrativa visual capaz de iluminar a cidade.





