Nadal 2025
O Concello de Pontevedra confiou en nos un ano máis para realizar o deseño da gráfica da campaña de Nadal 2025–2026, co obxectivo de crear unha imaxe elegante e recoñecible que servise de fío condutor para todos os soportes da programación festiva da cidade.
A campaña baséase nunha gráfica contemporánea, cun cartel de composición simétrica inspirado nun copo de neve construído a partir de iconas do imaxinario do Nadal. A paleta de vermellos, dourados e verdes, xunto cunha tipografía con carácter e personalidade propia, configuran unha identidade visual cálida e coidada que combina tradición e modernidade.









