Poio Recicla

No ano 2017 contactou con nós a empresa Valoriza, que realiza o servizo de recollida selectiva de residuos para o Concello de Poio, coa idea de executar unha campaña de fomento da reciclaxe. No briefing definimos a necesidade de dar a coñecer que eran os impropios (produtos que son depositados incorrectamente), os niveis da zona e como repercuten no custo do servizo. A campaña pretendía transmitir de maneira moi visual que a reciclaxe afecta ao noso peto. En cada unha das imaxes que compoñen a campaña podemos ver como escapan os cartos, literalmente no cartel xenérico, e metaforicamente nos outros tres carteis que reflicten outros posibles investimentos en parques, iluminación ou árbores. O slogan “Poio recicla, reinviste e revive” pretendía transmitir que cando se RECICLA correctamente, o Concello aforra uns cartos que pode REINVESTIR na mellora de servizos e cada obxecto REVIVE e contribúe ao desenvolvemento sostible do planeta. Tamén editamos un folleto moi completo onde se tratan todos os tipos de residuos, colectores, servizos... e tamén uns adhesivos para os colectores onde se explica que vai en cada un. Esta mesma información está dispoñible na web do concello, xa que o adaptamos a formato dixital.

Proyecto de diseño gráfico para la campaña de reciclaje "Poio Recicla" por parte de la empresa Valoriza.
Proyecto de diseño gráfico para la campaña de reciclaje "Poio Recicla" por parte de la empresa Valoriza.